Cristina García López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Q89547790 | Galicia por Diante (Radio Galega) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista radiofónica |
Empregador | Radio Galega |
Cristina García López, nada en Ourense en 1977, é unha xornalista galega da CRTVG.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar na TVG no ano 2000, no programa de Ana Kiro. No ano 2004 a Asociación de Xornalistas AGARA outorgoulle o Premio Radiofónico polo Mellor Traballo Emitido. Presentou o espazo A tarde na Radio Galega durante oito tempadas. Actualmente é coordinadora de diferentes espazos da Radio Galega e presentadora, xunto a Kiko Novoa e Marcos Pereiro, do Galicia por Diante.
É creadora do podcast "Superando a ficción" coa que foi galardoada co II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no Tratamento e Comunicación da Violencia de Xénero, que concede o Concello de Redondela e Joshua Alonso Mateo.